Saltar ao contido

Georgii Vladimov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorgii Vladimov
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1931 Editar o valor en Wikidata
Khárkiv, Ucraína Editar o valor en Wikidata
Morte19 de outubro de 2003 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Frankfurt (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPeredelkino Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Redactor xefe
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónFacultade de Dereito da Universidade Estatal de San Petersburgo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, crítica literaria e realismo literario Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, crítico literario, historiador, novelista, xornalista, Disidencia Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorAmnistía Internacional Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteRussian literature of the 20th century. Volume 1, 2005 (en) Traducir, (p.396-398) >>>:ВЛАДИМОВ Георгий Николаевич,
Russian writers. The Modern Era (en) Traducir
Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0900546 BNE: XX1155677 Find a Grave: 8091003 Editar o valor en Wikidata

Georgii Nikolaevich Vladimov, nado como Georgii Nikolaevich Volosevich (en ruso: Георгий Николаевич Владимов / Волосевич) en Khárkiv o 19 de febreiro de 1931 e finado en Frankfurt o 19 de outubro de 2003, foi un escritor e xornalista soviético disidente.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na República Socialista Soviética de Ucraína no seo dunha familia de intelectuais, estudou Dereito na Universidade Estatal de Leningrado, obtendo o título cum laude en 1953. Comezou en 1954 a súa actividade literaria, principalmente no xornalismo e crítica literaria e teatral, colaborando coas revistas Novyi Mir (O novo mundo), Literaturnaia gazeta (O xornal literario) e Teatr (Teatro).

Durante os anos sesenta achégase á prosa con Bolshaia ruda(A vea grande). A súa obra máis famosa é Vernyi Ruslan (O fiel Ruslán), unha sátira sobre o gulag a través do punto de vista dun can gardián. Para sortear á censura foi impreso de forma clandestina, e apareceu antes legalmente en Alemaña que en Rusia. Desde 1961 foi membro da Unión de Escritores Soviéticos, pero saíu dela en 1977. En 1969 comezou a ter problemas cos apparatchik literarios pola súa novela Tri minuty molchaniia (Tres minutos de silencio), publicada logo integramente e sen censura en 1982 en Alemaña.

Debido a que ocupou a presidencia do comité de Amnistía Internacional en Moscova, foi perseguido e espiado constantemente polo KGB. Emigrou a Alemaña en 1977 logo de entrar en contacto cos exiliados rusos neste país, mais en 1984 foille anulada a cidadanía soviética (puido obter a cidadanía rusa só no ano 2000). Desde o seu exilio dirixiu a revista Gradi (Facetas), mais a deixou con polémica en 1986 logo de acusar ao editor de ser máis censor que os soviéticos. Coa súa novela General i ego armiia (O xeneral e a súa armada) gañou en 1995 o Premio Booker ruso.

  • Большая руда ("Bolshaia ruda", A gran vea), 1961
  • Верный Руслан ("Vernyi Ruslan", O fiel Ruslán), 1964
  • Три минуты молчания ("Tri minuty molchaniia", Tres minutos de silencio), 1969
  • Шестой Солдат ("Shestoi Soldat", O sexto soldado), 1981
  • Не обращайте вниманья, маэстро ("Ne obrashchaite vnimania, maestro", Non prestas atención, mestre), 1982
  • Генерал и его армия ("General i ego armiia", O xeneral e a súa armada), 1994